miércoles, 12 de septiembre de 2012

Queridos golfiños e golfiñas; Qué día importante tivestes hoxe, no novo cole, con novos compañeiros e compañeiras, cos novos mestres e mestras!! Espero que todo fora moi ben e que sexades moi, moi felices nesta nova etapa. Quérovos moito!! Un bico e unha aperta enorme para cada un de vos!!
A profe Eva

sábado, 28 de julio de 2012

¿COMO VAI O VERÁN??

Ola queridos nen@s!! Este espacio queda agora para comunicarme con vós, xa que...xa vos vades ao cole de maiores!! A clase dos golfiños xa se separa e, cada un de vos irá a unha clase distinta, pero aquí podédesvos atopar e así eu saberei de vos... ¿Como van as vacacións?? Tendes ganas de voltar ao cole?? Agora comeza unha nova etapa, na que será importante traballar moito e na que os vosos papis vos deben axudar. Mándovos un biquiño grande a todos!!

jueves, 17 de mayo de 2012

LITTLE EINSTEIN " ANNIE AGRICULTORA"

NOVO PROXECTO: AS PLANTAS!!!

Xa estamos traballando nun novo proxecto...as plantas!!
Xa fixemos moitas cousas que vos iremos ensinando,pero agora o que nos ten máis atent@s é ...como crecen as nosas cenorias!! e xa están crecendo ben, xa teñen as súas primeiras folliñas. E vós que pensades...estarán vivas ou mortas??? Nos xa o debatemos, pero non chegamos a acordo...a ver qué pasa!!!!

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Customize a picture collage

VISITAS DAS MAMÁS!!






E, dentro duns días, todas as fotos...estade atent@s!!!

BISCOITO DE FRESA

Sabedes que no cole, nos encanta cociñar e que tratamos de facer receitas sinxelas pero moi ricas!! Aquí nos vedes facendo o biscoito de fresa que tanto nos gustou!!
Bo proveito!!

lunes, 23 de abril de 2012

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Hoxe, 23 de Abril é o día do libro e, no cole recordámolo e traballamos algunhas cousiñas.
Coa profe Belén fixemos un marcapáxinas e logo nós debuxámonos lendo e escribimos a data de hoxe.
Ademáis xa comezamos a ler os nosos libros favoritos que, dende hoxe están no cole. Hoxe limos o de Pablo sobre animáis "raros" e o de Elena  sobre unha gatiña.
Aquí vos deixamos unhas imaxes dos nosos traballos...